Mentes creativas: unha anatomía da creatividade, este é o título do último libro de Howard gardner.
Neste libro, Gardner fai un estudo de 7 grandes xenios da humanidade. Destaca, por exemplo, as habilidades visual-espaciais de Picasso ou o enfoque non violento de Gandhi ao conflito humano. De todos eles destaca que sacrificaron a súa vida persoal por mor dunha misión que consumía todo.
Unha anatomía da creatividade a través das vidas de Freud, Einstein, Picasso, Stravinsky, Gandhi, Fliot e Graham.
Gardner sostén que a mente está estruturada nunha serie de intelixencias múltiples, en vez de intelixencia xeral. Destaca que hai polo menos 7 variedades (musicais, lóxico-matemáticas, visuais, etc.). No libro Gardner escolle prototipos de cada variedade.
Un libro moi recomendable se queres coñecer outro punto de vista sobre a creatividade e coñecer as personalidades de grandes personaxes da historia da humanidade.
2 comentarios, deixa os teus
Estou interesado.
Gustaríame ler e isto parece adecuado ao que busco.
Grazas.