"Temos en conta a pacientes con parálise, esquizofrenia, epilepsia e enfermidade de Alzheimer, por exemplo". Segundo o profesor Yuste non hai moita diferenza entre o cerebro humano e o dunha mosca ou un verme. Non obstante, a tarefa é difícil. O cerebro humano ten 100 millóns de neuronas e cada neurona 10.000 conexións. A aspiración dos científicos é, polo menos, coñecer unha parte desa actividade.
Este proxecto comparouse pola súa magnitude co mapa do xenoma humano que revolucionou a ciencia.
Na creación deste mapa do cerebro, preto de cen científicos participarán durante os próximos 15 anos. O propio Obama presentouno como un dos obxectivos do seu mandato no discurso sobre o estado da unión. Para Rafael Yuste foi toda unha sorpresa porque escoitou da propia boca de Obama as palabras que escribira.
Yuste conta co apoio total da administración Obama para un proxecto que comezará un orzamento de 2.300 millóns de euros e iso abre un camiño de esperanza para máis de 1.000 millóns de persoas afectadas por enfermidades mentais no mundo.
Sexa o primeiro en opinar sobre